09:49 Sabado, 25 de Xaneiro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

14-03-2011

Á procura dunha lingua culta

Fuco Gómez: nacionalismo e humanismo. Ideario dun arredista (e 4)

Valorar (8)

XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA


Fuco Gómez


Remata aquí a serie de artigos ao redor de Fuco. Neste último ofrécese ao Fuco filólogo afeccionado e normalizador á procura doutro status para a nosa lingua.  E rematamos coas características que mellor o definen: Loita constante polos seus ideais, tenacidade, coherencia, xenerosidade e amor polo xénero humano e sobre todo por Galiza.

Á procura dunha lingua culta.

Fuco cría firmemente na necesidade de termos un galego cunha norma culta que engadise prestixio á nosa lingua. Da súa preocupación lingüística, en todo caso partindo dunha incipiente formación filolóxica, dá fe a publicación en 1927 do libro Grafía Galega. Esta obra defínea Fuco como un "método praitico" co que se pode "adeprender a falar e isqirbirl-o galego correitamente con profesor ou sen il". Estamos perante o que foi un primeiro intento de elaborar un manual didáctico para o uso e a aprendizaxe do galego.

No "Judizo quírtico" que abre o libro Fuco rexeita que ata o momento ningunha gramática galega fixase os "giros, régoas ou normas lógicas da isquirtura galega", e que só se trate nelas "do xeito de falar do noso pobo e se dí qui se debe isquirbir o mesmo qui fala íste, adimitindo como correitas até aquilas formas, locuziós ou frases qui están contra tuda lógica e contra o bon senso".

O libro, anunciado por Fuco como unha parte do proxecto maior Gramática Teórico - Práitico - Etimológica da Lingua Galega, está guiado polo propósito de colocar o galego á altura das linguas cultas e de que todos os galegos cheguen a escribilo correctamente. Quéixase do estado arcaizante do sistema de escritura, pois o principal problema radica en que os académicos e intelectuais galegos non te(en máis norte para a elaboración dunha ortografía galega que o que observan nos demais galegos ao oílos falar, co cal, segundo el, o único que se consegue é empobrecer a lingua. O xeito de conseguir elaborar unha norma culta que dignifique o idioma baséase en aterse á etimoloxía e ao bo senso á hora de elaborala. Un factor a ter en conta neste proceso é recorrer ao portugués, que en moitos casos ofrece solucións etimolóxicas, aínda que, opina Fuco que "é un erro cr(r qui sexa unha necesidade o pensar na grafía portuguesa ou na hespa(ola, cando se isquirbe en galego; ma sí nos paresze moito mais acertado o faguer caso, nante tudo, das particularidades da nosa lingua con respeito ao seu grafismo, ao seu orige e â sua fonética."

A Grafía baséase en tres principios: a pronuncia dos fonemas, sílabas e verbos; a etimoloxía e o emprego das formas que conforman o acervo idiomático e o xeito de expresar o pensamento galego.

O libro consta de varias partes: a primeira dedícase á ortografía galega, os fonemas, a acentuación e os signos de puntuación. Nunha segunda parte, "Leiziós oujeitivas", propón Fuco unha serie de textos, propios ou doutros autores galegos, que pretenden ilustrar as posibilidades da lingua. Son textos de carácter científico ("O corpo humán"), sobre a historia de Galiza, toponimia, etc. No seguinte capítulo titulado "Exercizos de leitura", aproveita Fuco para dar un breve repaso á historia da nosa lingua. O último capítulo do libro "Modelo de quartas", contén unha serie de exemplos de como escribir cartas de distintos tipos: xurídicas, invitacións, de amor, etc. Nas últimas páxinas da Grafía aparecen uns complementos ao libro que van dende os nomes dos meses e dos días da semana, ata un vocabulario de nomes propios de persoa na súa forma galega fronte á castelá.

En definitiva, Grafía Galega, trata de ofrecer un método práctico que posibilite a utilización dunha norma culta para o idioma que abranga todos os rexistros. É esta, pois, unha proposta normalizadora e normativizadora con carácter divulgativo pioneira naquel momento.

Outro libro no que Fuco afonda nas súas inquedanzas lingüísticas é a novela A fala dos animás, publicado en 1937. A novela subtitúlase "Opúscaro de enxebrezas" e son, segundo indica na portada "Aventuras de grisas - tragedia - chunga - pavura - sensazón". No prólogo volve Fuco deixar claro o seu afán por sistematizar o uso da lingua entre os galegos e por eliminar do idioma todos os elementos ilexítimos que o inzan: "Que grande é a ignorancia ou desco(ecemento que da lingua vernácula te(en eses escritores e poetas que nas súas prosas, versos e conferencias empregan un sen número de palabras torpemente traducidas do castelán.". Ademais, fai tamén Fuco unha serie de consideracións fonéticas, na li(a das aparecidas en Grafía Galega, referidas a como se deben pronunciar fonemas e combinacións fonéticas

O argumento resúmese nunha reunión de animais de todo tipo, que nunha sorte de fábula, reúnense e latrican ao redor da sorte dun almallo (becerro) perdido no monte. Circulan pola novela unha longuísima ringleira de animais, tanto autóctonos como estranxeiros, converténdose o libro nun exercicio de léxico sobre aves, insectos e outros animais. Xa no limiar se refería Fuco á cantidade de nomes propiamente galegos que existen para denominar as cousas cos seus correspondentes sinónimos ou con distintas variantes dialectais dos que atopamos abundantes exemplos ao longo do libro: abábaro ou vesperón; alauda, aloxa ou londria; cabezallo, cabezolo, culleres ou cágado; donosi(a, mustela, donxela, donicela, doncela ou donoci(a; raposo, volpe, pedro, perico, bravío, etc. Para facilitar o labor na lectura, ao final da novela aparece un vocabulario cos nomes de animais e outros termos "meos corriqueiros (vulgares)" que se empregan na novela. Son estes exemplos do interese de Fuco por rescatar a lingua viva e difundila entre o pobo, converténdoa en idioma en pé de igualdade con outros do mundo.

Conclusión.

No personaxe de Fuco Gómez conflúen varias tendencias que describen a un home preocupado principalmente pola súa terra, Galiza, pero que intenta en todo momento conciliar os intereses políticos, sociais e culturais propios con outros que afectan á humanidade e que te(en como alicerce principal a busca do benestar social. Fuco era especialmente sensible ás reivindicacións que na súa época comezaban a desenvolverse aínda moi levemente, e que el xa incorpora ao seu programa político e social. Reivindicacións como a igualdade de sexos, o antimilitarismo, a independencia, resultaban altamente innovadoras nunha sociedade distraída noutro tipo de debates.

Moitas das ideas defendidas por Fuco foron semente de fortes polémicas e acedas disputas, sobre todo no que atinxe ao independentismo e ao seu rexeitamento total a todo o que significase centralismo espa(ol. O seu proxecto de Confederación de repúblicas da Península Ibérica baseada na igualdade para o conxunto das nacións que a compo(en, presentábase como excesivamente anovador mesmo para un nacionalismo galego concentrado na súa maioría nun incipiente desenvolvemento autonómico. Sen embargo, proxectado no tempo observamos como o seu programa, salvando matices organizativos e de nomenclatura, mantén semellanzas cos presupostos de distribución política das nacionalidades que se están dese(ando actualmente dende distintas organizacións nacionalistas.

Do mesmo xeito, varios dos puntos en que se baseaba o seu gran proxecto político, social e económico como a organización europea ou a moeda única, non soan na actualidade a demasiado atrevidas.

Loita constante polos seus ideais, traballo tenaz, coherencia levada ata o último extremo, xenerosidade e amor polo xénero humano e sobre todo por Galiza, son características que definen a múltiple e interesante personalidade de Fuco Gómez.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña