06:38 Mércores, 19 de Xuño de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

23-11-2010

A oligarquía española explicita sen ningún rubor as súas propostas para a reforma do modelo de Estado

A oligarquía española presenta os seus plans ao Rei

Valorar (26)

FRANCISCO XESÚS JORQUERA CASELAS


O Rei con representantes da iniciativa"Transforma España"


A nova daba conta dunha audiencia privada con El Rei, na que representantes da sociedade civil española facíanlle entrega dun documento de título rimbombante: "Transforma España: Un momento clave de oportunidad para construir entre todos la España admirada del futuro."

Decidín seguir o rastro: "Cansados de sufrir los desmanes de la clase política,  han entregado un informe al Rey en el que reclaman un nuevo sistema electoral y un modelo de Estado que garantice la democracia".

A cousa prometía: a súa proposta aportaba "una visión optimista pero contundente de la Sociedad Civil española". En palabras do coordenador da proposta tratábase de apelar ao "papel vital do cidadán para transformar o modelo vixente de España que está esgotado. Require un cambio sistémico de grande urxencia."

En tempos de tanto individualismo, de tanta acomodación, de tanta morneza, era de agradecer que desde a base da sociedade, aínda que fose desde unha óptica española, xurdiran iniciativas de rexeneración e revitalización da democracia, iniciativas que incluso apelaban á necesidade dun cambio sistémico.

A miña primeira sorpresa  produciuse ao coñecer a identidade dos  portadores de tan exemplar compromiso cívico: os Presidentes de Telefónica, Repsol, Iberdrola, Acciona..., os conselleiros delegados do Banco de Santander, do BBVA...

A segunda chegou ao coñecer os contidos do documento: "el denomindado golpe de estado de los mercados  es sencillamente que los mercados se han cansado de gente cortoplacista tomando decisiones para el largo plazo".

Ignorante de min!, que atribuía a orixe da crise non tanto "aos políticos" como á dinámica cortopracista e insaciábel dos mercados na procura de lucro fácil e imediato, que desembocou no crack das hipotecas subprime e no estourido da burbulla inmobiliaria.

O conto  tería gracia, se non estivesemos a falar de cousas moi serias:

Entre as máis de cen páxinas cargadas de  linguaxe pedante, cheas de tópicos de confesionalidade neoliberal e entre multitude de eufemismos e adornos para dotar de presentabilidade ás súas propostas,  estes señores pretenden:

1.- Limitar o desenvolvemento do Estado autonómico baixo o eufemismo de "clarificar o seu alcance". Segundo estes señores, "el modelo territorial se ha convertido en la  excusa fácil de muchos para evitar hablar de las cosas importantes". (Lease: "España lo único importante" ou se o prefiren "nuestros negocios lo único importante").     

2.- Recurtar o Estado do Benestar, iso si, "para asegurar á súa sostebilidade".

3.- Desprover aos sindicatos de calquer connotación de clase; "algunos planteamientos del tipo factor capital buscando explotar al factor trabajo o clase rica contra clase pobre deben ser erradicados del debate por estar ya fuera de contexto y por ser perversos y estériles en el nuevo marco de progreso y sociedad de bienestar que ha logrado España".

4.- Desideoloxizar a política,  sob o pretexto de favorecer os pactos de estado e a "gobernanza de consenso": "Hay que desideologizar la política.Todos somos ecologistas, pacifistas y demócratas" -sic-.

5.- Modificar o sistema eleitoral para implantar un sistema dun deputado por distrito, sei que para achegar os representantes aos cidadáns e acabar coa "partitocracia".

Noutras palabras, aspiran a que a imposición dun pensamento único no económico teña o seu correlato no político decretando o fin das ideoloxías. O documento parte dunha concepción da política como a simple xestión profesional dun modelo que se nos apresenta como o único posíbel. En consecuencia pretenden acabar co pluralismo, implantando  un sistema maioritario que limite o xogo político ao PP e ao PSOE, onde os deputados non estean vencellados a un ideario de partido, senón que  dependan dos lobbys económicos que custeen a campaña nos seus respectivos distritos.

Pero sobre todo, aspiran á recentralización do Estado. A concentración de poder económico precisa de concentración de poder político. É consustancial ao seu modelo de acumulación.

En definitiva, a oligarquía española explicita sen nengun rubor as súas propostas para a reforma do  modelo de Estado.

E para rematar dúas perguntas inxenuas:

Que fai o Xefe de Estado sendo receptor destas propostas?

Que fai José María Fidalgo, ex- secretario xeral de Comisiones Obreras, subscribindo estas propostas cos señores antes nomeados?


[25-11-2010 16:52] Eu comentou:

Esta nova é terrorífica, que se atrevan a facer estas propostas infames directamente non pode augurar nada bo!

[24-11-2010 20:53] Antonio das Mortes comentou:

O Punset ten un tinglado asesor-vendedor de milagres para gañar "corazóns e mentes" no eido da xestión dos recursos humanos. Un "public-relations" adicado a envolver en cencia a vella arte de arrear gando, que ten detrás unha empresa adicada a eses menesteres.
Ao vello pau-espiga chámanlle neurobioloxía (por cousa de que é cencia natural), e no millor dos casos etoloxía humana ou antropoloxía (menos, que son cencias "sociais", e cargaias o demo), e por ehí diante.
Por poñer un exemplo, que ós empregados de France Telecom se lles da por tirarse polas fiestras? Pois veña "Coaching", motivación, psicologos, "tú vales mucho" e todo o paquete por 100.000 €; á plazo, moito máis barato que os sindicatos, donde vai parar!
Eu seino porque...

[23-11-2010 16:34] xosé comentou:

Deus os dá e eles se xuntan!Normal que queran seguer coa festa.Nao lhes vai mal,nao?

[23-11-2010 10:29] Stalis comentou:

Todos homes, que é para falar de cousas importantes...
E o Punset, que defende no medios deses marraxos...

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña